top of page

Curso 24/25 en Academia Asignatura

 

 

Novamente chegamos ao inicio de curso irremediablemente e vainos esixir volver a estar á altura ou quizais máis…

Por todo isto, e para sacar o máximo proveito co máximo nivel, en Academia Asignatura ofrecemos os seguintes cursos variados:

                                                   

        CURSO ESPECIAL PARA ADULTOS. 

         "NON TE QUEDES ATRÁS"

        Manexo de dispositivos Móbiles, tablets e Ordenador. 

        Programas: MECANOGRAFÍA, WORD, EXCEL, POWER POINT, IA, CHAT GPT, ROBÓTICA, ENTORNOS ARDUINO.

1- Curso de técnicas de estudo:

 

Pensado para facilitarlles aos alumnos e alumnas o desenvolvemento como estudantes,

aprenderán a resumir, tomar apuntamentos e elaborar os seus propios materiais de estudo.

Esquemas, mellora da comprensión lectora ou métodos de aprendizaxe serán os eixos deste curso.

2- Curso de comprensión lectora de textos variados:

Os alumnos e alumnas carecen da práctica axeitada para acadar as destrezas suficientes para comprender o que están lendo nun xornal, nunha novela, nunha sinxela nota informativa… Por iso, neste curso faremos que atopen un camiño que lles sirva de guía e lles sexa doada a comprensión de textos tanto orais coma escritos.

 

   

 

3- Curso de iniciación á mecanografía:

Nos tempos actuais, é sumamente importante saber de memoria a posición das letras nun teclado do ordenador e ter así a habilidade de poder elaborar textos escritos no mínimo tempo posible. Con este curso de iniciación, o alumnado sairá coñecendo todo o teclado dunha maneira amena, rápida e eficaz, cun mínimo de pulsacións por minuto.

 

 4- Curso de perfeccionamento de mecanografía:

 

Despois de obter o diploma en iniciación á mecanografía e de ter memorizado o teclado, necesítase destreza no seu uso, polo que, utilizando o noso método de aprendizaxe, o alumnado acadará o obxectivo de 250 pulsacións por minuto.

 

5- Curso de informática:

      Para NENOS E ADULTOS

 

Cada unha das sesións deste curso divídese en tres partes:

  • Vinte minutos de mecanografía.

  • Trinta minutos de informática propiamente dita e nos que o alumnado acadará o coñecemento pleno do equipo: Paquete Office, Correo electrónico, Internet, redes sociais, etc.

  • Dez minutos de actividade lúdica relacionada coa informática e na que coñecerán o uso de páxinas e sitios na Internet , que seguramente lles serán útiles para a súa vida académica.

 

6- Repasos de diferentes materias que non quedaron ben afianzadas no curso anterior:

Para iso utilizaremos os nosos múltiples materiais cos que o alumnado poderá ampliar ou reforzar coñecementos adquiridos durante o curso, necesarios como base para o novo ano académico que logo, en setembro, comezará.

7- Axudas nas tarefas de reforzo:

É moi habitual que os alumnos e alumnas pasaran de curso con algunha materia suspensa despois de ser valoradas as capacidades dos mesmos e non os obxectivos. Os diferentes centros educativos ofreceranlles cadernos de reforzo con actividades diferentes, que deberán presentar á volta das vacacións. Será importante que leven un ritmo de traballo ao longo deses meses nos que haberá tempo para relaxarse e para aprender. Facendo un pouco tódolos días, regularmente, levaremos ao alumnado a unha mellor aprendizaxe.

8- Preparación de materias futuras:

Hai que ser previsores e non deixar certas materias que se nos atragoan para o último momento, e debemos investir máis traballo e esforzo para ter éxito no vindeiro curso. Así, cos nosos materiais propios axudaremos aos nosos alumnos e alumnas a que logren o éxito que tanto desexan e non lles resulte tan difícil o coñecemento de novas materias.

 

 

Animámosvos a escoller un ou varios destes cursos para sacar o maior partido ao tempo libre dos vosos fillos e fillas e que complementen e amplíen os coñecementos acadados durante este curso 2022/23. As clases serán sempre polas mañás. Consultádenos os horarios e os prezos.

 

Reservade xa!

bottom of page